Rúas de Pontevedra

Pontevédrate...

A igrexa do Convento de Santa Clara é da segunda metade do S XIV, de estilo gótico, con reformas posteriores e varios retablos barrocos

Castelao e Cruz Gallástegui

 

A apertura desta rúa estaba proxectada dende o ano 1960, e para ela estaba destinado o nome de Cruz Gallástegui, o excelente científico que desenvolveu o seu labor na Misión Biolóxica de Salcedo. Non foi aberta ata o ano 1986, xunto coa que se podería entender como a súa prolongación natural. A rúa, que finalmente levou o nome do científico Cruz Gallástegui, levando esa outra o de Castelao. Ambalas dúas rúas forman unha vía paralela e alternativa a Benito Corbal, unindo Daniel de la Sota con Blanco Porto.
 
Coa súa apertura a cidade gañou unha nova zona a urbanizar en pleno centro. O seu destino era ben claro, acoller diferentes establecementos comerciais adicados a sectores do máis variado. Dende a cafetería e o restaurante do propio Hotel Rías Bajas no que se parece recuperar ese carácter que se daba en tantos outros locais da cidade no que se mantiñan tertulias entre os cidadáns para ‘resolver’ problemas, dende os cotiás ata os máis graves, ata a nova entrada do reformado Hospital Domínguez, pertencente a unha das familias que máis participaron da historia da cidade dende diferentes ámbitos no pasado século. Xunto a eles é o sector comercial o máis puxante: moda, decoración, axencias de viaxes, fotografía, deportes, roupa infantil, xoierías, perruquerías, e como non as cafeterías, que gardan no seu interior tantas e tantas conversas entre os cidadáns - Continental, Castelao-.
 
Pola súa banda, a rúa Cruz Gallástegui tamén está ateigada de establecementos: restaurantes como Il buon mangiare, especializado en cociña italiana; La tienda de clara, cunha ampla carta de viños e produtos delicatessen; cafeterías como Mermeye ou Mulligans, que semella un pub irlandés. A oferta desta rúa complétase con firmas de moita sona na cidade, Cordal, adicada á decoración, e Loli Baquero, á moda de muller. Xunto a elas esta rúa destaca pola presenza de tendas de roupa para cativos (Benetton, Gocco ou Bámbola); roupa para mozas (Girl’s); tendas de fotografía, informática, beleza, dietética ou librerías completan e listado de negocios que esta rúa nova foi acollendo dende a súa creación. 
 
Todos eles fixeron mudar completamente o seu aspecto dende o día da súa inauguración, xa que só contaba cun tránsito de coches con dúas ringleiras para o aparcamento e as beirarrúas para os peóns.
 
Agora convertiuse nun pequeno bulevar no centro da cidade. Anchas beirarrúas con bancos, iluminación e a existencia de camelios converten este dobre espazo nun lugar xa non só de paso, senon tamén de paseo cheo de posibilidades e que serve para desconxestionar o que é unha rúa en pleno centro da cidade.
 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.05.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 26.10.2011 polo Concello de Pontevedra.