Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

O Concello é un edificio de Alejandro Sesmeros de finais do século XIX, construído sobre as antigas Casas do Concello (Séculos XV e XVI)

Retratos reais na Basílica de Santa María

 

"La iglesia de Santa María la grande, así por lo magnífico de su fachada como por lo delicado de sus columnas y sutileza de sus molduras y remates, es de una estructura especialísima, y tal que no se conoce igual en toda Galicia, y aún se duda que en toda España haya iglesia puramente parroquial más capaz y ostentosa, ni de fábrica tan exquisita". Así describiu frei Martín Sarmiento en 1761 a Basílica de Santa María. 
 
Son moitos os motivos que se poderían escoller da Basílica de Santa María, hermosísimo exemplo de transición do mundo medieval á idade moderna. Nesta ollada deterémonos en dous retratos que vixían permanentemente o templo. Referímonos a Carlos V e ó seu fillo, Felipe II, ambos representados nas xambas da entrada pola fachada principal. Son o sustento rexio de todo ese retablo feito en pedra, cheo de esculturas marabillosas e lecturas testamentarias. Ambos foron os monarcas reinantes en España durante a época en que se levantou a agora basílica, aproximadamente entre 1520 a 1559, data en que se pechan as súas bóvedas. 
 
Toda esa fachada recae en dous nomes, o de Cornelis de Holanda, que a contratou en 1541, e o de Juan Noble que traballou na súa execución, creando un dos grupos escultóricos máis sobranceiros da nosa arte. A fachada está datada entre 1541 e 1547. Neses anos o monarca Carlos V estaba na parte final do seu reinado, que remataría en 1558, sucedéndoo o seu fillo Felipe II, que reinaría ata 1598. 
 
O emperador represéntase con barba e sen melena, máis ou menos cando tiña cuarenta anos como se representa habitualmente nesa época e como o pintou Tiziano en varios retratos da época. Felipe II, represéntase aínda adolescente, con 14 anos, e a súa imaxe vén a substituir a outra da falecida naquel momento emperatriz Isabel e que figuraba nas trazas orixinais. Ambos portan bonetes e ademais levan o 'toisón'. Foi no reinado de Felipe II, na segunda metade do século XVI, cando a vila de Pontevedra viviu o seu esplendor. O motor económico que supuxo o comercio da sardiña permitiu que acollese un incremento de poboación que a situou no primeiro lugar de Galicia.
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 22.07.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.10.2011 polo Concello de Pontevedra.