Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

A finais do século XIX Pontevedra transformouse profundamente con grandes espazos abertos como a Alameda, As Palmeiras ou a Estación de Campolongo, donde hoxe está a Praza de Galiza

Recordo ós fusilados na rúa 12 de novembro

 

Dez nomes. Dez 'girasoles ciegos' froito da loucura do ser humano. Os seus nomes son miradas á frustración dunha guerra entre irmáns. Os seus nomes son o único que figura nunha placa descuberta o 12 de novembro de 2000 na rúa que recibe o nome desa data como recordo dun dos episodios máis tráxicos da historia de Pontevedra. Tras o alzamento militar a cidade de Pontevedra cae rapidamente nas mans do exército. Unidades procedentes do cuartel de San Fernando, algunha granada que estoupou no contorno da Alameda, a ocupación militar da prensa e a radio e hidroavións procedentes da Base Naval, segundo relata o historiador Xosé Fortes Bouzán, foron accións suficientes para impoñer o dominio dos rebeldes. 
 
O peor estaba por chegar, e así foi como a represión se realizou dun xeito terrible mediante, os consellos de guerra e os 'paseos' sen xuízo previo. O 30 de outubro levouse a cabo o consello contra os dez nomes deste relato días máis tarde foron fusilados na Caeira. Eran seis republicanos, dous galeguistas e dous socialistas, pero sobre todo eran dez persoas que crían na liberdade e na posibilidade de defender as súas ideas dende a palabra. 
 
Amancio Caamaño foi militante de Izquierda Republicana, como médico, foi director do Hospital Provincial. Luis Poza era médico, militante republicano e galeguista. En 1936 ocupaba o posto de secretario do Partido Galeguista. Telmo Bernárdez era militante de Izquierda Republicana médico de Redondela. Paulo Novás era mestre, militante de Izquierda Republicana e dirixente do Gobierno da República. Germán Adrio, mestre en Pontevedra, era activo militante do Partido Socialista. 
 
Benigno Rey foi mestre, militante republicano e dirixente da Sociedad Gimnástica. Ramiro Paz foi editor de publicacións republicanas, galeguistas e socialistas, e concelleiro de Pontevedra. José Adrio, avogado, militante de Unión republicana, foi gobernador civil de Ourense e presidente da Deputación de Ourense. Víctor Casas foi xornalista, Presidente do Partido Galeguista de Pontevedra director do semanario A Nosa Terra. Juan Rico foi capitán da Guardia Republicana.
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 14.08.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 02.11.2011 polo Concello de Pontevedra.