Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

O Pazo de Mugartegui é unha propiedade do Concello de Pontevedra cedido como sede da Denominación de Orixe Rías Baixas

Presume de Pontevedra

Hai moitos xeitos de vivir en Pontevedra. Máis de 80.000, tantos coma persoas. Pero sexa cal sexa a maneira de estar, de sentir a cidade, sempre haberá motivos para nos identificar con ela, co espazo que nos é común, con este marabilloso conxunto de rúas, prazas, pedras, monumentos, edificios, escudos e pazos que chamamos Pontevedra.

 
Este libro recolle unha manchea de impresións que se poden coleccionar camiñando por calquera lugar do termo municipal. É moi agradábel deixarse levar polas pescudas e a capacidade divulgativa de Ramón Rozas, para descobrir un anaco do espíritu pasado e actual que conforman a nosa cidade e o seu entorno.
 
As páxinas destas Olladas conteñen un caleidoscopio erudito e diverso da que é a mellor e máis acaída esencia de Pontevedra, esa cidade que neste momento potencia a súa autoestima grazas á recuperación da memoria histórica, a restauración e ampliación dos seus espazos públicos e a revitalización da súa vida colectiva.
 
Estou seguro que esta publicación nos axudará a incrementar o coñecemento que temos da nosa cidade, e sobre todo o orgullo de vivir aquí.
 
Miguel Anxo Fernández Lores
ALCALDE DE PONTEVEDRA
    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 18.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.10.2011 polo Concello de Pontevedra.