Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

Na praza de Curros Enríquez existe un monumento a Alexandre Bóveda, fundador do Partido Galeguista. Foi fusilado polos franquistas durante a guerra de 1936.

Placa do almirante Méndez Núñez

 

 
'Más vale honra sin barcos que barcos sin honra'. Esta célebre frase atribuída a Casto Méndez Núñez simboliza a súa vida. O seu recordo, mercede ás súas numerosas fazañas en vida, levao a permanecer representado en numerosas rúas, prazas ou monumentos nas máis diversas cidades de España. Nesta ollada ímonos deter na placa que se instala no ano 1929 por decisión do Concello en recordo da súa persoa na que foi a súa casa, a gran Casa do Arco, na rúa don Gonzalo e na praza que leva o seu nome. 
 
Nos anos 1860, 1862 e 1869, José Antonio Durán recolle na súa biografía a súa estadía na vila, sendo a última data a da súa morte. A placa recorda as súas heroicidades como a súa presenza na cidade, da que se gabou por todos os mares dende a súa fragata acoirazada Numancia. O seu vínculo con Pontevedra estivo sempre presente nas súas andanzas xa que ó parecer gran parte da súa tripulación procedía da Moureira, co que, según se conta, a comida e as festas nos triunfos militares tiñan o sabor e o son de Galicia.
 
Ó mando da Numancia, comezaba a crearse a etapa do heroe, e así se considerou durante a súa vida. Vencedor fronte ós piratas en Mindanao, cruzou o estreito de Magallanes nunha daquelas misións científicas no Pacífico, e alí viuse inmerso nun complexo conflicto internacional, no que tras bombardear a indefensa Valparaíso, obrigado polos seus superiores, enfrontouse posteriormente no Callao a unha cidade xa ben armada e coa defensa da mariña peruana como aliada de Chile naquel momento. O que parecía máis un sacrificio pola dignidade dun país tornouse nunha comentada vitoria que asentou o respecto da nación por este home de mar.
 
Esas vitorias fixeron repicar as campás en Pontevedra, onde se lle adicaron tres días de luces e festexos ata que a súa nai decidiu que xa era dabondo, polo que colocou unha gran pancarta na que rezaba un 'Gracias Pontevedra' co que deu por finalizadas as loanzas. O mariño, canso destes últimos tempos, pediulle a raíña Isabel que o destinara a Galicia, algo que non se cumpliu ata dous anos despois. Por desgraza, morreu o pouco de chegar, en 1869.
 
 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 26.10.2011 polo Concello de Pontevedra.