Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

A praza da Pedreira, onde está o Pazo de Mugartegui, chamábase así porque antigamente alí había moita actividade de labra e talla de pedra

Placa da rúa Gregorio Fernández

 

 
Nun dos laterais do Edificio García Flórez atópase a placa dunha rúa. Algo que non deixaría de ser un feito normal, nesta ocasión non o é, xa que non estamos ante unha placa calquera, se nón que é unha peza con vida, que parece querer saír da parede grazas o traballo dun dos máis importantes escultores pontevedreses, Fernando Campo Sobrino. A placa de Gregorio Fernández ten tras de si toda unha historia que recolle de maneira exemplar Mª de los Ángeles Tilve Jar no catálogo da exposición que no ano 2002 lle adicou o Museo Provincial de Pontevedra.
 
É así como, co gallo do acordo do Concello de Valladolid de homenaxear a este importantísimo escultor español, presentouse á corporación municipal de Pontevedra a posibilidade de adicarlle unha rúa a quen por aquel entón algunhas teorías consideraban natural de Pontevedra -na Igrexa de San Bartolomeo consérvase unha 'Magdalena' que se atribúe á súa man-, aínda que agora xa se afirma que era natural de Sarria, en Lugo.
 
É así como, en 1912, a moción do escritor Francisco Portela Pérez e a Sociedade de Artesanos, con sede na rúa Pasantería, ten éxito e é aceptada. En Agosto inaugúrase esa placa, feita nun fráxil material pola escaseza dos fondos a ela asignados, estragándose cos primeiros temporais do inverno. Ó ano seguinte créase unha nova comisión, que buscou de novo a reivindicación do escultor. Esta vez buscaron presuposto para que fose feita en bronce.
 
É así foi como se realizou no Teatro Principal un festival artístico para acadar eses fondos, logrando 796,75 pesetas. O encargo chegoulle a Francisco Campo na súa estadía en Roma, o que se aprecia de maneira destacada no traballo na placa, onde as figuras responden a un modelo claramente clasicista.
 
A placa sitúa na parte superior un retrato do homenaxeado feito a partir dun óleo atribuído a Diego Valentín; a ambos lados dúas figuras alegóricas, unha co escudo da cidade e unha flor, posiblemente unha camelia, representa a cidade, a outra a escultura, co mazo e o cicel en representación do facer do artista. Abaixo, represéntase o traballo cunha figura masculina. A peza foi finalmente instalada en agosto de 1914.
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.10.2011 polo Concello de Pontevedra.