Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

O concello é de estilo ecléctico. Destaca o balcón central, peza clave na arquitecturadas casas consistoriais, xunto co remate co reloxo e o escudo da cidade. O seu arquitecto,Sesmero, tamén deseñou a escaleira de fundición con dous tiros que seunificaban nun rechán para o interior, hoxe substituída por unha de pedra

Peto de ánimas en Bora

 

 
Castelao xa reparara nel, e así, na súa obra 'Cruces de Pedra na Galiza', incluíuno como un fermoso exemplo de Peto de ánimas, no cal aparece un Cristo crucificado. Atópase ó pé da estrada xeral cara Ourense, e xusto antes do cruce que leva a Marcón. O estudoso destas tipoloxías Estanislao Fernández de la Cigoña e Núñez tamén falou del no seu libro de 'Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra'.
 
É a parroquia de Bora un fermoso espazo para o paseo. A súa riqueza natural, regada polos leitos do Almofrei e o Lérez, é quen de xerar un conxunto de lugares moi propicios para o contacto co mundo da natureza. As súas fragas, os seus bosques, nos amosan que na propia natureza está moita da súa riqueza. Xunto a ela, a súa igrexa de Santa Mariña, ou as súas pontes, como as duas do século XIX que se conservan en bo estado, ou unha anterior máis descoidada, son apropiados escenarios para asomarse a toda esa fermosura natural.
 
O peto de ánimas no que nos centramos preséntase encaixado nunha vivenda particular, e dividido en dúas partes. A primera, a súa parte superior, amosa a dous gardas civís protexendo a custodia e armados con baionetas. Nesta parte consta o ano da súa creación, 1851, e o seu devoto creador: "Fue debocion D. Diego Cervino". Na súa parte inferior aparece un Cristo crucificado sobre o cal voa a pomba do espírito santo, mentres aparece flanqueado por dúas virxes. Baixo esta escena están as almas do purgatorio, das que nos parece curiosa a súa representación, xa que dos tres personaxes, dous levan indumentarias eclesiásticas. Así, o do centro porta unha mitra de bispo, o outro leva un bonete propio dos curas. 
 
Arredor do peto de ánimas atópase unha inscrición na que podemos ler: " Hermanos debotos de las benditas ánimas del Purgatorio". Na mesa de ofrendas que pecha o que é o peto, onde o fiel debe deixar a súa esmola, ben sexa física ou monetaria, atópase un buratito por onde introducir os cartos, que van parar a un peto dentro da casa. O seu estado actual é bo, e debe agradecerse, posiblemente ós donos da casa onde se atopa.
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.10.2011 polo Concello de Pontevedra.