Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

A Casa da Luz, na praza da Verdura, chámase así porque no século XIX había unha fábrica de electricidade

Pazo de Montero Ríos en Lourizán

 

 
Ten a parroquia de Lourizán, o que quizais é o máis fermoso pazo da súa época. O proxecto de construción asinouse o 25 de febreiro de 1909. Referímonos ó Pazo de Montero Ríos, a residencia de verán dunha das personalidades máis importantes de principios do século XX e finais do XIX. O coñecido como 'Cuco de Lourizán' polas súas mañas políticas, estableceuse nun vello Pazo existente en Lourizán, chamado da Sierra e Castelar. 
 
Nacido en Compostela, cando triunfou a súa candidatura ás Cortes constituíntes de 1869 e viu que en Pontevedra a súa vitoria foi contundente, empezou a relacionarse con xente como os Riestra, convertindo a esta pequena vila no seu centro de operacións, que compaxinaba coa súa vida profesional en Madrid. A súa actividade política foi tremendamente activa e durante o Sexenio defendeu a liberdade de culto, coa separación igrexa-estado, e cos seus actos propiciou unha maior dependencia do poder xudicial fronte ó poder político. 
 
Decano do Colexio de Abogados de Madrid, o seu bufete foi un dos máis exitosos. Cos seus ingresos, como nos conta Ramón Villares na Enciclopedia Galega, sufragou a compra da Granxa da Serra en Lourizán. Este lugar convertiuse nun epicentro político, e por alí pasaron grandes figuras da política que quedaban abraiadas pola magnificencia da súa arquitectura.
 
O seu influxo político foi enorme, xerando toda un rede de amizades, contactos e postos de confianza que satisfacían os seus intereses. Presidente do Consejo de Ministros en 1905 e do Senado en 1910 a súa figura política non deixou de medrar. O Pazo de Lourizán foi deseñado polo arquitecto Jenaro de la Fuente y Domínguez, creador de numerosas edificacións en Vigo, do Gran Hotel de Mondariz ou do Hotel Acuña en Caldas de Reis. A súa obra gustaba da suntuosidade nas súas composicións, moitos ornamentos, esculturas que plantexaban unha arquitectura eclecticista con novos postulados do Modernismo. Nesta ocasión incluíronse fontes e sendeiros entre as numerosas especies vexetais, máis de trescentas. Alí se atopa o Centro de Investigación ambiental de Galicia, que está a poñer en valor o espazo.
 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 02.11.2011 polo Concello de Pontevedra.