Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

O arco que une dous edificios do museo foi construído a mediados do século XX

Muralla de Pontevedra na rúa Arcebispo Malvar

 

 
O mundo medieval tiña entre os seus elementos configuradores a muralla que fortificaba e defendía á poboación, amén de servir como medio de control á entrada de productos e o conseguinte gravame de impostos. A muralla de Pontevedra, seguindo os estudos que Juan Juega Puig, Antonio de la Peña Santos e Enrique Sotelo Resurrección plantexaron no seu libro 'Pontevedra, Villa amurallada', viviu catro momentos diferentes. 
 
O primeiro recinto amurallado acollería os arredores da parroquia de Santa María. O segundo plantexamento da muralla daríase coa súa primeira ampliación, que podería ter que ver cunha xeralizada fase de crecemento dos núcleos urbanos vencellados co mundo pesqueiro, xa que, por exemplo, a Pontevedra condéuselle en 1229 o privilexio de "secar merluzas y venderlas por mar y tierra en todo el reino y fuera de él" e tamén en 1238 se lle outorgou á cidade a exclusividade da fabricación de saín, aceite de peixe. Xurdirá unha nova parroquia, a de San Bartolomeo, acollendo máis poboación e incrementando o territorio amurallado, transformándose o trazado inicial en forma de améndoa nunha planta case circular. 
 
A segunda ampliación darase entre os anos 1300 e 1325. A vila medraba, e esa puxanza levaba consigo, entre outras situacións, o asentamento de ordes relixiosas que fundaron os conventos de San Domingos, San Francisco e Santa Clara, e que, aínda que situadas extramuros, respondían ó aumento de almas ás que propagar a fe. 
 
A terceira ampliación darase a mediados do século XV, crecemento que xa englobaría o Convento de San Francisco e que respondería, seguindo a estes autores, a tres causas, a belicosidade do momento, que plantexaba maiores reforzos defensivos; o crecemento económico e de poboación, e a necesidade de novos espazos ante a concesión da Feira Franca por Enrique IV. Anacos da muralla que permanecen visibles, son os de Arcebispo Malvar e na rúa Sierra. Eliximos o primeiro pola curiosidade de atopar un motivo ameado que posiblemente fose reimplantado procedente da antiga Torre dos Churruchaos, que coñecemos remataba con ameas.
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 17.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 02.11.2011 polo Concello de Pontevedra.