Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

O actual Concello edifícase sobre unproxecto de Sesmero de marcado carácter francés. Recíbese en 1880 e o seu primeirocometido foi acoller a Exposición Rexional daquel ano

Monumento aos heroes de Ponte Sampaio

 

Cada día pasamos ante el, sen a penas deternos a observalo. A fonte e o estanque que desafortunadamente se lle colocaron arredor impiden mirar máis de cerca os rostros desas figuras. ¿Quen son eses personaxes? ¿Por que eses xestos de terror? É o monumento os Heroes de Ponte Sampaio. Foi realizado en 1911 por Julio González Pola e inaugurado en agosto dese mesmo ano. Nel créase toda unha iconografía alusiva ós acontecementos que tiveron lugar en Ponte Sampaio, cando un grupo de guerrilleiros, co tenente Pablo Morillo á súa fronte, fixo recuar ó exército francés nos acontecementos que tiveron lugar os días 7 e 8 de xuño de 1809.
 
O monumento céntrase nos derradeiros instantes da batalla. Na parte baixa, o escultor coloca os catro escudos das provincias galegas. En primeiro lugar atopamos unha muller que nos reclama ante a loita, apoiándose nun escudo de España, é a figuración de Galicia e a patria. Tras ela, e sobre un dos piares que simboliza parte da ponte, onde se desenvolveu a batalla final que desembocou na voadura da mesma, a escena principal recolle ó tenente Morillo, que, sabre en alto, alenta ós loitadores, tras eles está a bandeira en pé. 
 
O símbolo da resistencia é o grupo central. Non son soldados, son a mostra dun exército que xorde do propio pobo para defenderse do invasor. Un campesiño, un estudante e un soldado sitúanse tras un canón. Os seus rostros reflicten o horror da situación. Ante eles está un compañeiro ferido. Falta unha figura máis que se realizara para o conxunto, pero ante a sorpresa do escultor, segundo nos relata Mª de las Mercedes Gallego Esperanza no seu libro 'La Escultura Pública en Pontevedra', cando chegou a instalar o monumento atopouse con que o pedestal era demasiado pequeno. 
 
O monumento e dunha gran calidade, tanto na plasmación dos feitos como na súa orixinal composición, recollendo os elementos que fixeron deste acto militar un acto heroico. Deste xeito Pontevedra lembra o episodio clave da contenda, non só na provincia senón en toda Galicia. Os feitos acontecidos en Ponte Sampaio propiciaron a marcha das tropas francesas que se atopaban en Pontevedra co xeneral Ney ó seu mando.
 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 26.10.2011 polo Concello de Pontevedra.