Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

Giovanni Anselmo, Fernando Casás, José Pedro Croft, Dan Graham, Francisco Leiro, Richard Long, Robert Morris, Anne & Patrick Poirier, Ulrich Rückriem e Enrique Velasco son os autores das obras escultóricas da Illa

Luminarias na Zona Monumental

 

Pontevedra sempre tivo na luz unha das súas preocupacións máis intensas. Por isto, a finais do século XIX, concretamente en 1888, convertiuse na primeira vila de Galicia e unha das primeiras de España, en instalar o seu alumeado eléctrico. Xosé Fortes Bouzán, na súa 'Historia de Pontevedra' recorda aquel primeiro tendido que tiña nunha central a carbón no edificio que actualmente se coñece como Casa da Luz, na praza da Verdura, o seu centro enerxético, e que tras unha serie de probas feitas os días 12 e 26 de abril daquel ano comezou a funcionar para, nos meses seguintes, realizarse a súa instalación en diferentes rúas da cidade ata o seu remate en xullo coa instalación dunha lámpada incandescente de 400 buxías no centro da Ferrería, tal e como conta o historiador.
 
Os tempos mudaron moito dende aquel entón, e a compatibilización do uso da enerxía eléctrica coa sensibilidade ante a súa instalación en diferentes zonas tan queridas para o noso patrimonio histórico como pode ser a zona monumental, son elementos que complican a creación dun deseño moderno, pero que ten máis que ver cos tempos pasados do que a simple vista semella.
 
A forma destes novos puntos de luz, que dende o ano 2003 enchen as nosas rúas, evoca a forma dos antigos candís de gas que alumeaban ós nosos devanceiros, e nos que agora se incorporan os últimos adiantos, para o seu funcionamiento, como pode ser á súa baixa contaminación lumínica e o seu sistema de ventilación; e tecnológicas, no referido a súa construción, realizándose esta en forxa de aceiro inoxidable e en metacrilato, dous compoñentes moi resistentes e esteticamente moi atractivos. 
 
Tanto o seu creador, o arquitecto Jesús Aser Fole Osorio, coma o aparellador municipal Luis Costa Ferrer, co apoio da empresa Setga, foron quen de crear un novo xeito de entender a iluminación nesta cidade, sendo motivo de recoñecemento polas chamadas dende outros concellos de España para interesarse por este adianto dunha grande eficacia enerxética e sobre todo dunha estética que volve a poñer a Pontevedra na cima da iluminación das cidades.
 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 12.12.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 22.10.2011 polo Concello de Pontevedra.