Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

O concello é de estilo ecléctico. Destaca o balcón central, peza clave na arquitecturadas casas consistoriais, xunto co remate co reloxo e o escudo da cidade. O seu arquitecto,Sesmero, tamén deseñou a escaleira de fundición con dous tiros que seunificaban nun rechán para o interior, hoxe substituída por unha de pedra

Lápida no interior do bar Parvadas

 

O costume de reaproveitar materiais de épocas pasadas para novas construcións provoca curiosas visións, sorpresas que asaltan ó cidadán. Este é o caso da ollada que nos ocupa. Sitúase no interior do Bar Parvadas, na rúa González de Zúñiga, tras o santuario da Virxe Peregrina, un deses centros de parte da vida social pontevedresa onde se reúne a xente para charlar e pasar un tempo cos amigos. Se nos fixamos nunha das súas paredes atoparemos un pedra cunha inscrición. A pedra de gran tamaño non é fácil que pase desapercibida. 
 
No libro da Historia de Pontevedra, escrito na súa parte adicada a Pontevedra medieval, por Juan Juega Puig, aparece esta pedra identificada como unha lauda sepulcral na que a súa decoración nos amosa unha cuncha de peregrino e un cordón da orde franciscana. Dada a proximidade do Convento de San Francisco, que sabemos por un documento que xa existía no 1274, aínda que e posible que xa antes estivese establecido, podemos pensar que esta lauda pertenceu a un frade franciscano que quería pasar á historia pola súa condición de peregrino. Recordamos que no ano 1325 realizouse a famosa peregrinación da raíña Isabel de Portugal a Compostela, e que na súa tumba do mosteiro de Santa Clara de Coimbra figura cos mesmos atributos, mellor realizados e con máis profusión de detalles que neste exemplo.
 
Eran os tempos nos que esta vila comezaba a plantexar a súa orixe como cidade medieval tras a concesión do Fuero de Fernando II en 1169. Empezaba a chegar xente, as ordes mendicantes establecíanse arredor e a vila comezaba a ser lugar de paso para a peregrinación a Compostela dende Portugal, como nos demostra a existencia desta lápida, que procedería polo tanto do Convento de San Francisco e que se reaproveitou como un elemento construtivo.
 
Moitas veces nos sorprendemos de ver elementos integrados en edificacións coas que pouco ou nada teñen que ver. Pero o certo é que os sucesivos reaproveitamentos de materiais foron sempre abundantes ó longo da historia, ofrecéndonos curiosidades como na que repousa esta ollada.
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.09.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.10.2011 polo Concello de Pontevedra.