Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

Visita a exposición de Arqueoloxía galega do Museo, con importantes pezas da Idade do Bronce e orfebrería prehistórica

Iniciais na entrada do Palacete das Mendoza

 

 
No Paseo de Santa María atópase un modelo de palacete urbano diseñado polo moi activo arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmeros. Foi a residencia das irmás Mendoza, descendentes do Almirante Casto Méndez Núñez. A familia trasladouse trala súa morte da Casa do Arco a este palacete, concretamente no ano 1878. Cun pequeno terreo ó redor, é o principio da arquitectura ecléctica e historicista que practicou o seu arquitecto. Rapidamente convertiuse nun dos lugares de encontro de parte da burguesía pontevedresa, que se reunía alí para participar de recitais e tertulias. 
 
Pero a historia deste palacete foi a historia das súas moradoras, as irmás Mendoza, María e Concha, que ocuparon esta construcción ata o ano 1971, cando ambas morreron. Durante o tempo que aquí permaneceron foron quen de imprimir na cidade o seu carácter, e así, o día da súa morte estivo cheo de tristura pola súa perda. José Filgueira Valverde deixou escritas varias das súas características e como fixeron dos seus gustos un modo de vida particular polo que foron ben coñecidas. 
 
Así, falamos dese lugar como dun "pequeño enclave inglés no barrio vello de Santa María". Almorzo cedo, rápida comida, té a media tarde e despois tertulia. Cara a noite vestíanse elegantemente para a cea. Amantes do deporte, gustaban do tenis e a equitación. A cultura foi a outra grande actividade da súa vida. Grazas á súa fonda cultura, o gusto polos idiomas, alectura, a música e a arte, especialmente a pintura, que practicaban e con boa man, participaron da vida cultural pontevedresa, como por exemplo na Sociedad Filarmónica.
 
Estas mulleres conservaron o Palacete mantendo todo o seu esplendor, ata que, impulsadas por problemas económicos, accederon á súa venda mediante unha renda anual ata a súa morte. Unha entidade financeira fíxose posteriormente con el. Recentemente, foi adquirido pola Deputación de Pontevedra para instalar nel o Padroado de Turismo Rías Baixas, adicado á promoción turística da provincia. As iniciais da nosa ollada, sobre a porta principal de entrada, non son máis que as iniciais dunha estirpe que configurou o perfil da vila.
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 02.11.2011 polo Concello de Pontevedra.