Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

A fachada de Santa María é o mellor exemplo galego do estilo plateresco. Os seus autores fóron Cornelis de Holanda e Joao Noble

Fonte na Praza da Verdura

 

As catro fontes feitas en metal que salpican diferentes puntos da nosa cidade vólvennos deixar nas mans de Alejandro Rodríguez Sesmeros, o arquitecto municipal no momento da súa creación. Todas elas formaron parte do primeiro proxecto de traída de augas dende o xa máis que centenario depósito de augas en San Mauro, que aínda existe e que tamén proxectou o arquitecto. Os seus emprazamentos orixinais, segundo diferentes documentos da época, tiña como escenarios a praza de Curros Enríquez, a praza da Verdura e un lateral do santuario da Virxe Peregrina. A última delas quizais sexa á máis complexa de localizar, aínda que podería situarse na rúa Celso García de la Riega.
 
Estes modelos de chafariz foron mercados en París, mediante a inversión económica doutro dos grandes personaxes da época, Casimiro Gómez. As fontes elixidas amosábanse nunha exposición que se estaba levando a cabo por aqueles anos en París. A compra realizouse en 1880. Sobre o número exacto deles que viaxaron dende Francia existen moitas dúbidas, xa que nos papeis de compra constan tres, mentres que no inventario aparecen unicamente dúas. Faríanse entón, dúas réplicas deste modelo nunha factoría da rúa Sanjurjo Badía en Vigo.
 
A que se instalou na praza de Curros Enríquez é a que procede da glorieta de Compostela, como se recoñeceu nunha inscrición nela se atopaba. O certo, a pesares dos seus continuos cambios de lugar, é que son testemuñas duns tempos nos que a cidade se abría o mundo e miraba ás grandes urbes europeas para mellorar nas súas condicións de vida, como sucedeu coa iluminación. 
 
O paso do tempo deixou pegada nelas e fóronse desgastando ata chegar a un mal estado que aínda se manten en dúas delas, a que se atopa tras o santuario da Virxe Peregrina e a da avenida de Santa María. Por contra, a magnífica recuperación de dúas delas, as das prazas de Curros Enríquez e da Verdura, son mostra do importante do mobiliario cara a recuperación de novos espazos para a cidadanía, que valora e lexitima coa súa presenza estes novos lugares para o divertimento dos habitantes de Pontevedra.
    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 12.12.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 02.11.2011 polo Concello de Pontevedra.