Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

En1892 prodúcese unha das maiores protestas populares, protagonizada por pescadeiras eleiteiras polo pago dos «consumos»; dous anos máis tarde, terán lugar os disturbios contra oImposto de cédulas persoais

Escultura de Ravachol

 

Esta peza, feita en ferro polo escultor pontevedrés José Luis Penado, representa dun xeito realista ó Ravachol ante o lugar onde se atopaba a botica de don Perfecto Feijoo. Afamada máis que polos seus produtos médicos por ser centro de reunión e tertulia da Pontevedra de principios do século XX, ademais de porque nela se atopaba un paxaro moi faladoiro e algo desvergonzado coa xente.
 
O querido Ravachol, foi adoptado e recuperado dende o ano 1985 como símbolo diferenciador do Entroido pontevedrés, do que marca o seu fin coa súa queima pública. Ravachol chegou ás mans do boticario, pénsase que na década dos oitenta do século XIX, cando as señoritas de Montero Ríos o recibiron como agasallo. Era un papagaio gris africano, especie recoñecida polas súas capacidades para a repetición de sons. 
 
Debido a súa marcha a Madrid e a que non volverían ó Pazo de Lourizán ata o verán, decidiron deixalo a cargo do boticario, o cal, ante a dificultade da empresa, optou por deixalo nun antigo posto de carruaxes onde hoxe se atopa o 'Gran Garaje'. Os arrieiros, as cabalerías e as xentes dos arredores manexaban un vocabulario groseiro, o paxaro aprendeuno e, á volta das súas propietarias, tivo que regresar co boticario, a quen lle facía graza a súa linguaxe, e non lle quedou máis remedio que acollelo no seu negocio. 
 
Así comezou a sona de Ravachol, que toma o seu nome dun coñecido anarquista francés de finais do XIX. As súas conversas cos clientes fixeron que a poboación quixese moito ó animal, coñecido por expresións como ¡Si collo a vara!, os ¡Arres! ou ¡Sos! con que manexaba as cabalerías, ou por como chegaba a diferenciar ós clientes da botica ¡Perfecto cliente!, ¡Perfecto paisana! ou ¡Perfecto puta!, dependendo de se o cliente era un señor, unha persoa da aldea ou unha muller moi pintada. 
 
A súa morte, nun martes de Entroido de 1913, sorprendeu ó boticario, pero máis o sorprenderon as masivas mostras de condolencia que chegaban á farmacia, polo que se plantexou facer un grande enterro que congregou a toda a cidade no velatorio, o cortexo pola cidade e nun grande espectáculo de despedida no desaparecido Circo-Teatro.
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.03.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 26.10.2011 polo Concello de Pontevedra.