Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

En1892 prodúcese unha das maiores protestas populares, protagonizada por pescadeiras eleiteiras polo pago dos «consumos»; dous anos máis tarde, terán lugar os disturbios contra oImposto de cédulas persoais

Escultura de Acuña no albergue de peregrinos

 

En 1999, cando se inaugurou o albergue de peregrinos na rúa Otero Pedrayo, instalouse no seu exterior una obra escultórica do artista pontevedrés José María Acuña, unha fermosa composición na que un home coa indumentaria de peregrino pide esmola a unha muller ataviada co traxe rexional galego. Esta escultura de Acuña non é nada novo. 
 
O tema xacobeo xa fora tratado por el con anterioridade, como cando deseñou a medalla conmemorativa do Ano Santo compostelán en 1982 ou coa inauguración en Santiago do Monumento ó peregrino, ademais de ter feito varias pezas destacando aspectos singulares da peregrinación, como o descanso, a chegada ou a axuda que o camiñante recibe no seu percorrido. O tratamento que fai desta figura está cheo dunha fonda dignidade e neses peregrinos apréciase a fatiga do camiño, xunto á fortaleza do espírito que os leva a percorrer ese camiño de esperanza.
 
Na escultura que centra esta ollada, Acuña combina dous dos seus motivos preferidos, o xa referido do peregrino e o da muller galega. Esta será recurrente na súa obra, e xa dende a década dos vinte nos atopamos esa representación tan do gusto da Galicia artística, aquela vangarda renovadora que facía da muller a representación totémica da terra galega. Indo ó mercado, cos seus fillos, namorada ou como unha avoa, a muller permítelle representar nunha figura a súa inquedanza por Galicia, perfectamente ataviada coas indumentarias tradicionais. A súa muller porta con dignidade e valentía todo ese peso espiritual e físico que na nosa cultura ten como elemento indispensable na familia.
 
A obra de José María Acuña, moi ligada á Compostela de Asorey, Bonome e Eiroa, na que exerceu como mestre no Colexio de Sordomudos, mostra este compromiso seu coa sociedade. Preferiu ese compromiso ás novas expectativas que o agardaban en Madrid, a onde a Deputación de Pontevedra, ante as súas capacidades, pretendía envialo para que ingresase na Escola de Bellas Artes. O mozo Acuña, preferiu centrarse nos que, como el, tiñan algunha deficiencia física, para poder amosarlles que a capacidade do home ía máis alá de poder falar ou oír.
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.10.2011 polo Concello de Pontevedra.