Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

Ante o mal estado no que se atopaban as vellas casas do concello construídas no século XVI,o goberno municipal decide derrubalas en 1877 e edificar o actual consistorio

Carballo de Santa Margarida en Mourente

 

É este monumento natural un dos elementos máis queridos do noso patrimonio. A súa conservación e defensa ante o seu estado é un constante desvelo para as autoridades e os veciños da parroquia, que pasaron baixo a súa sombra moitos momentos da súa vida, e abofé que realizaron, como conta a tradición, moitas promesas que nunca se romperán.
 
Na poesía popular de Galicia Domingo Blanco recolle estas verbas: "Santa Margarida ten/o máis grande do carballos/a onde van polas tardes/a falar os namorados". Sobre a súa idade non hai un dato certo, dáse por seguro que son máis de trescentos anos os que ten pero, como Filgueira Valverde, hai quen achega ó milenio a súa lonxevidade.
 
O realmente certo é que estamos ante un dos exemplares de Carballo (Quercus robur L.) máis senlleiros de Galicia. Durante a súa longa historia asistiu ós xogos do Padre Sarmiento, quen tiña o pazo familiar (ó que chegou de ben pequeno procedente do Bierzo) a poucos metros do Carballo, pero tamén asistiu ás romarías que baixo él se realizaban na capela que se atopa o seu carón, e foi testigo de como os obreiros, nas celebracións do primeiro de maio, se reunían debaixo del no día das súas reivindicacións, sendo tamén en 1846 Berce do galeguismo.
 
No fermosísimo libro 'Árboles monumentales en el Patrimonio Cultural de Galicia', afírmase con moita certeza da existencia nalgún tempo dunha carballeria nese lugar, da que só quedaría en pé este extraordinario exemplo, chamada carballeira dos Gafos, segundo a documentación recollida na familia Moreira, que ten a súa residencia próxima.
 
A estampa que conforma coa súa copa achatada, e as súas grosas codias inmortaliza unha das facianas máis fermosas de Pontevedra, xunto á capela de Santa Margarida -construída segundo a lenda por unha dama portuguesa por ter curado a Santa a súa pel- e o atrio que a rodea cun peche de pedra.
 
O asento en pedra que ten debaixo convida ó que a el se achega a gozar da súa sombra. É unha mágoa a súa situación rodeado por asfalto, que non é a mellor das opcións para o seu coidado. Pero o único certo é que este carballo resiste como ninguén o paso do tempo.
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.10.2011 polo Concello de Pontevedra.