Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

As persoas que peregrinan a Santiago penetran no centro histórico pola Ponte de Trabancas. Desde alí guíanse polas luces azuis do pavimento

Capela de San Roque en San Andrés de Xeve

 

 
O que fora concello de Xeve, formado por San Andrés, Santa María e Verducido, é un rico escenario de arquitecturas relixiosas e populares. Dende as súas igrexas ata os seus cruceiros ou petos de ánimas, os elementos do pasado foron compoñendo unha fermosa estampa de elementos artísticos dos que os seus veciños están orgullosos e proclaman a súa conservación e coñecemento, coa edición dunha meritoria revista por parte da Asociación Recreativa de Xeve, chamada 'A Xanela' da cal extraemos os datos aquí amosados.
 
Igrexas como as de San Andrés de Xeve, a de Santa María de Xeve, San Martiño de Verdecido e a capela de San Roque en San Andrés de Xeve deixan constancia da importancia do territorio para a Igrexa. A primeira agocha nela elementos importantes, como unha pía bautismal, ornamentos arquitectónicos e as cruces na traseira da igrexa. 
 
Pénsase que estes elementos poderían proceder dun antigo mosteiro, hoxe desaparecido. A segunda delas é a máis recente no tempo, xa que xorde como unha nova parroquia a mediados do século XVIII, debido ó incremento da población na comarca, mentres que na igrexa de Verducido destaca o seu monumental campanario, cun exagerado tamaño con respecto á construción relixiosa, onde unha torre tipicamente barroca imponse sobre o conxunto.
 
Especialmente fermosa resulta a capela de San Roque, en San Andrés de Xeve. Nun hermoso contorno con árbores, esta pequena capela acolle no seu interior un dos elementos artísticos máis senlleiros do lugar, xa que nela se atopa un importante baldaquino, que se cre que procede do antigo mosteiro de Seoane. A entrada da capela presídea un dos santos con maior veneración en Galicia, San Roque, perfectamente recoñecible nesa labra na que amosa a súa ferida na perna e a presenza do can que sempre está ós seus pés, xa que foi quen, segundo conta a tradición, o sanou das feridas que a peste lle produxo, e da que se contaxiou polo seu trato cunha comunidade de afectados. A comarca de Xeve integra estes elementos nunhas fermosas paraxes naturais. 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.10.2011 polo Concello de Pontevedra.