Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

As ruinas de San Domingos, acougan a gran colección lapidar do Museo: escudos, labras e sepulcros de cabaleiros medievais

Balconada na Casa das Caras

Quen atravesa pola Praza da Estrela ten a impresión de sentirse sempre observado. Sen decatarnos, na fachada dunha das casas con máis historia da cidade, un conxunto de caras está a ollar cara nós constantemente. Esta casa coñecida como 'das Caras ou Pazo dos Barbeito', pola liñaxe de antigas familias que alí moraban, foi parte activa na vida da cidade e así, antigamente, foi parada de carruaxes.

 
Nos seus muros aínda podemos atopar algunha ferradura na que se ataban as cabalgaduras, pero tamén se abríu á modernidade ó ter nela o seu estudio o mítico fotógrafo Zagala, pasando logo a ocupala outro fotógrafo de nome Novoa. Despois deste, tivo alí o seu estudo Ramón Barreiro, pai do propietario actual e nome imprescindible á hora de achegarnos ó incipiente cine.
 
Asomarse a esta casa supón achegarse tamén á figura do seu propietario, Enrique Barreiro, un dos nosos arquitectos máis prestixiosos, autor na cidade de traballos como o 'Príncipe Felipe', a complexa restauración da Igrexa de San Bartolomé ou a rehabilitación da sede do Liceo Casino. Defensor do patrimonio en grao máximo, a súa casa é expoñente visual desta actitude non só como profesional senón tamén como persoa. 
 
Un documento de 1725 sobre a construción dun balcón nesta casa ponnos sobre a pista desta nova ollada, tan curiosa como espectacular na súa resolución, xa que esta balconada de gran lonxitude e que abraza a casa por un dos seus costados vai crecendo en tamaño segundo permite a complexa rúa na que se ubica. 
 
Esta é unha das curiosidades desta casa, e que permanecen agochadas, como as fermosas lareiras, que posúe en diferentes pisos pero a un mesmo nivel e con dous tiros diferentes para cada unha delas, ou a recuperación que o propio arquitecto fixo da fachada traseira tapiada e na que ahora se rescatan unhas enormes ménsulas, así como as canalizacións da zona das cabaleirías recuperadas pola forza dunhas pedras furadas.
 
Polo tanto, Enrique Barreiro tivo na súa propia casa, o xeito de demostrar a función do arquitecto, no só como creador de novos espazos, senón tamén como profesional capaz de perpetuar o pasado desta vila.
 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 13.12.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 22.10.2011 polo Concello de Pontevedra.