Olladas de Pontevedra

Pontevédrate...

A Praza de Méndez Núñez coñecíase antigamente como Praza das Galiñas, xa que alí se celebraba o mercado de aves

Azulexos de Carlos Sobrino na Alameda

 

 
A arte rexionalista triunfa en toda a Península. Os postulados do Rexurdimento alentaron en moitos artistas para que dende cadansúa disciplina artística ofrecesen unha visión dunha realidade da que se sentían orgullosos. Así é como tamén dende a pintura se buscará a través da representación da paisaxe ou a plasmación de tipos rexionais un berro autóctono como maneira de enxalzar a terra.
 
Carlos Sobrino foi un dos que máis eloxiou a Galicia dende a súa pintura. A revisión de paisaxes da natureza, a recuperación de recunchos típicos, paisaxes urbanas onde os monumentos se gababan do seu pasado, ou a mostra de estampas de xentes ataviadas co traxe rexional realizando as súas tarefas cotiás, serán os motivos temáticos centrais. A súa pintura non deixará de ser academicista e conservadora, e nel non influiron as novas correntes pictóricas do momento que renovaron a arte, e así, a principios do século XX a súa obra exposta en diferentes salas de Galicia e Madrid non se move destes postulados.
 
Desta época son unha serie de debuxos que posteriormente foron o motivo que levou á empresa sevillana 'Mensaque Rodríguez y la compañía de Triana' a producir un amplo conxunto de azulexos que foron instalados no remate da Alameda de Pontevedra. Alí atopamos dous grupos de azulexos que se dividen pola escaleira de acceso á Alameda. Cara o lado dereito temos nove estampas e cara o esquerdo catorce. En todas elas a firma do pintor Sobrino e da compañía autora dos azulexos completan unha serie de escenas que se moven neses parámetros. 
 
Un costumbrismo transmitido polas vistas da ría, un folclorismo dado polos grupos de xentes cos seus traxes típicos realizando diferentes labores, un enxalzamento da arquitectura popular coas vistas dos hórreos de Combarro, ou as capelas como a de Nosa Señora de A Lanzada, ou da vida urbana como na Praza da Leña de Pontevedra, e tamén das construcións históricas de Galicia como a Catedral de Tui.Un conxunto de visións onde a forma e a cor irán definindo os diferentes espazos, un pintoresquismo que permitía facer unha pintura moi cercana á xente.
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 02.11.2011 polo Concello de Pontevedra.