Pontevédrate...

O Museo posúe a obra case completa de Castelao, un dos seus fundadores

Oliva - San Xosé

A Praza de San Xosé e a rúa da Oliva constitúen o vencello natural de Campolongo co centro da cidade. As imaxes mostran diversas perspectivas desta zona.

O Café Moderno edificouse no solar que antes ocupaba un extenso edificio almenado, de estilo pacego, do que hoxe só queda un corpo, perto da rúa da Oliva. Na mesma praza atopábase o Hotel Méndez Núñez, que foi substituído por outros edificios.

O Centro Cultural Caixanova (que tamén fóra sede central de Caixa Pontevedra) ocupa o solar no que antano se erguía a capela de San Xosé. Hoxe é o nome dunha rúa que comunica a praza do mesmo nome coa da Libertade, e antes decorría baixo unha ponte do tren.

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 28.05.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.09.2011 polo Concello de Pontevedra.