Pontevédrate...

Un senlleiro conxunto arquitectónico de principios do século XX confórmano o Concello, o Instituto Valle-Inclán, a Deputación, a antiga sede de Educación, Alameda e xardíns de Vicenti e As Palmeiras

O Pazo de Campolongo

O pazo de Campolongo, coa súa torre almeada era sen dúbida o edificio máis característico do barrio durante anos. Parte del ubícase agora na Casa de Campo de Madrid, como exemplo da arquitectura fidalga de Galiza. Como pode verse, tiña cruceiro e capela de seu.

Ocupaba o espazo no que se atopa o edificio comercial de Xeneral Rubín, e a súa finca ubicábase entre Xeneral Rubín, Fernández Ladreda e a antiga estación (hoxe Praza de Galiza)

Un antigo barracón deportivo, dentro da finca do Pazo, ubicado na Av. de Fernández Ladreda, foi sede provisoria da Capela de San Xosé, mentres non construiron a actual igrexa.

O Pazo tiña unha magnífica pista de atletismo. Hoxe, Campolongo tamén é un referente deportivo da capital, polas piscinas e as pistas polideportivas dos parques.

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.02.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.09.2011 polo Concello de Pontevedra.