Pontevédrate...

A casa do Barón de Casa Goda, antiga residencia dos Condes de Maceda, é hoxe Parador de Turismo, un pazo renacentista do s XVII

Unha nova Casa do Concello

Ante o mal estado no que se atopaban as vellas casas do concello construídas no século XVI, o goberno municipal decide derrubalas en 1877 e edificar o actual consistorio, sobre un proxecto de Sesmero, de marcado carácter francés. Recíbese en 1880 e o seu primeiro cometido foi acoller a Exposición Rexional daquel ano.

No deseño ecléctico deste novo edificio destaca o balcón central, peza clave na arquitectura das casas consistoriais, xunto co remate co reloxo e o escudo da cidade.

Sesmero tamén deseñou para o seu interior unha escaleira de fundición con dous tiros que se unificaban nun rechán, continuando desde aí cunha rampla común.

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 28.05.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 23.09.2011 polo Concello de Pontevedra.