Pontevédrate...

Estímase que a primitiva ponte do Burgo mantívose en pé ata mediados do século XII

O tren

 

O 15 de xuño de 1884 chega a primeira locomotora a Pontevedra procedente de Redondela, despois da insistencia das distintas corporacións municipais para que a cidade quedara comunicada por ferrocarril.

 

O Concello aportou gratuitamente os terreos para a construción da estación (próximos á Alameda) e a auga necesaria para o seu funcionamento.

 

Iniciou tamén os trámites para que a liña férrea continuase cara Carril, tramo que queda inaugurado en 1899.

 

En 1880, o Concello tamén cede os terreos para a posta en marcha dun tranvía a vapor entre Pontevedra e Marín. En 1887 constrúese a estación nas inmediacións da Capela de San Xosé, actual ubicación do Centro Sociocultural Caixanova.

 
    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 14.08.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.10.2011 polo Concello de Pontevedra.