Pontevédrate...

A porta da Delegación de Facenda, na Ferraría, era a Porta de San Domingos, da antiga muralla da cidade

O depósito de auga de Santo Amaro

 

En 1887 colócanse as primeiras catro fontes de ferro fundido en distintas prazas: Peregrina, San Román (hoxe Curros Enríquez), Praza do Peixe (hoxe Praza da Verdura) e Méndez Núñez (hoxe Praza de Santa María).

 

Un dos principais problemas da cidade, no último terzo do século XIX, era a escaseza de auga.

 

Os mananciais naturais e o vello cano de San Mauro resultaban insuficientes, polo que se encarga ao arquitecto municipal Sesmero un proxecto de traída de augas no ano 1883; constrúese un depósito en San Mauro e instálase unha tubería ata a cidade, rematando as obras en 1886.

 
    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 22.10.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.10.2011 polo Concello de Pontevedra.