Pontevédrate...

O gran caserón dos Cruz e Montenegro, construído no SXV pero hoxe desvirtuado polas reformas que sufreu, viviu o almirante Casto Méndez Núñez, que da nome á praza

A Porta da Vila

 

Neste lugar atopábase a antiga Porta da Vila ou de San Domingos, saída da cidade cara á Moureira. Esta porta xa estaba configurada no SXV, e foi prácticamente derrubada en 1719 por mor do ataque inglés á Vila. Xa case caída, coa axuda dos temporais, o Concello encarga a Antonio de Soto, no ano 1789, o proxecto para a reconstrución desta porta.

Co gallo do derrubamento da muralla nesta zona (1852-1855) a porta tamén se ve afectada, máis debido ao seu interese arquitectónico, decidiuse o traslado ao seu actual emprazamento: na entrada do antigo convento de San Francisco, hoxe Delegación de Facenda, na Ferraría.

 
    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 18.06.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.10.2011 polo Concello de Pontevedra.