Pontevédrate...

As ubicacións das esculturas da Illa do Cobo fóron elixidas por cada un dos seus autores

A infraestrutura viaria

Pontevedra chegou á Restauración cunha infraestrutura viaria moi deficiente.

As obras públicas acometidas nesta época tiñan por obxecto mellorar os accesos a cidade.

 

En 1881 iníciase a reforma da Ponte do Burgo, ensánchase a calzada e substitúese a varanda de pedra por unha de fundición.

 

A práctica incomunicación coa marxe esquerda da ría (Combarro,  Sanxenxo, O Grove) foi a orixe da nova ponte da Barca, substituíndo á primitiva de madeira, por outra de elevadas arquerías de pedra para salvar o caudal do río, xunguidas por un tramo central metálico.

 

Na mesma banda do río constrúese o malecón Burgo-A Caeira (hoxe Domingo Fontán), a ponte das Correntes (1890) e inícianse as obras de desecación das Xunqueiras.

 

A comunicación con Marín mellórase coa reconstrución da Ponte Nova e, posteriormente, a construción da ponte das Corbaceiras.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 28.05.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.10.2011 polo Concello de Pontevedra.