Pontevédrate...

O Pazo de Mugartegui é unha propiedade do Concello de Pontevedra cedido como sede da Denominación de Orixe Rías Baixas

San Roque - A Moureira

A Moureira era o barrio onde residía o gremio de Mareantes. Este arrabalde mariñeiro, dedicado á pesca e salgadura do pescado, estaba situado extramuros, estendíase desde a ponte do Burgo ata a desembocadura do río Gafos. Dividíase en tres partes: a chamada “A Moureira de Arriba”, situada nas inmediacións da ponte; a “Moureira da Barca”, máis próxima a Poio, e a “Moureira de Abaixo”, o actual barrio de San Roque. Aquí eríxese a Capela de San Roque, santo este considerado avogado, xunto con San Sebastián contra a peste. Este templo foi erixido nas Corbaceiras, moi próximo ao porto, para protexer á cidade dos efectos mortais dos barcos infectados. Aínda que a súa orixe non está moi clara, ao longo dos séculos sufriu varios cambios de situación, ata que en 1861, a capela foi trasladada ata o seu actual emprazamento, e conserva aínda algúns elementos construtivos da primitiva. A escasos metros atopamos a praza de touros construída, toda de madeira, en 1892. Sete anos máis tarde inaugurouse o actual coso, o día da Peregrina. Sen embargo, a principios do século XVII xa se celebraban touradas na praza da Ferrería que era pechada cada ano con cercado de madeira.

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 28.05.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 08.05.2009 polo Concello de Pontevedra.