Pontevédrate...

A Casa das Campás é un edificio municipal cedido á Universidade para ubicar nel o seu Vicerrectorado. Foi restaurado, pero conserva a fachada, do século XV

Praza do Peirao

Situada nos arredores do Parador de Turismo e no solar que ocupaban os vellos peiraos da cidade, cabo do Lérez, esta pequena praza ten no seu centro unha fonte redonda do século XVIII que remata cunha curiosa estatuíña. Nun dos laterais da praza consérvanse restos dos valados da casa na que habitou Paio Gómez Chariño, o trobador e almirante do mar que xace na igrexa conventual de San Francisco. Un antigo caserón reformado recentemente acolle a se do Colexio Profesional de Arquitectos Técnicos.

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 08.07.2008 polo Concello de Pontevedra.