Debe o seu nome ao afamado escritor ourensán, o gran poeta civil do Rexurdimento. Nesta praza atopamos o monumento a Alexandre Bóveda que, xunto con Castelao, foi un dos fundadores do Partido Galeguista en Pontevedra. Tamén destaca neste lugar unha fonte de ferro fundido que foi construída no século XIX e restaurada recentemente. É centro dunha importante vida social e comercial. A sede do Casino Mercantil e Industrial imprímelle un estilo decimonónico.
Hoxe é 16.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 08.05.2009 polo Concello de Pontevedra.