Pontevédrate...

A praza do Teucro atesoura a maior colección viva da heráldica urbana, en pazos como o dos Gago e Montenegro, San Román e Aranda, dos séculos XVII e XVIII

Praza da Ferraría

A máis emblemática das prazas da cidade recibe o seu nome das forxas que existían nos seus soportais. Esta fúndese coa praza de Ourense, a praza da Estrela e cos xardíns de Casto Sampedro para formar un grande espazo urbano de paseo e lecer. No medio destes últimos érguese, seguindo o modelo de chafariz portugués, a afamada Fonte da Ferrería (s. XVI). Foi reconstruída en 1930 neste lugar tras ser retirada do centro da praza no século XIX. Igualmente cómpre destacar a casa renacentista coñecida como a Casa das Caras ou Casa dos Barbeitos, que destaca polas numerosas esculturas con forma de cara que ten ao longo da fachada sur. Todo este conxunto atópase presidido pola Igrexa de San Francisco e pola construción anexa que ocupa a Delegación de Facenda, un edificio levantado no ano 1800 e que ten na entrada a porta de San Domingo da antiga muralla medieval.

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 28.05.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 08.05.2009 polo Concello de Pontevedra.