Pontevédrate...

O Museo de Pontevedra foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1962

Pazo da Cultura - Recinto feiral

Obra do arquitecto Manuel de las Casas e inaugurado en 1997, o Pazo de Congresos e Exposicións é un centro cultural concibido como un conxunto de edificios proxectado á escala da paisaxe. Está situado nunha zona axardinada nas ribeiras do río Lérez. Este complexo está dotado dun moderno auditorio, con capacidade para 772 persoas, dunha área de congresos e unha sala de exposicións. Os espazos citados poden ser empregados de forma conxunta, simultánea ou independente. Neste recinto municipal desenvólvese unha rica e variada oferta cultural, con concertos, obras de teatro, cursos e congresos, exposicións temporais... O Recinto Feiral anexo, con 165 metros de lonxitude, conta cunha superficie útil case 5.000 metros cadrados que permiten acoller todo tipo de feiras, mostras comerciais e eventos culturais. O recinto está unido ao Pazo da Cultura, o que permite a utilización conxunta de todas as súas dependencias, de modo que os servizos de restaurante, cafetería e terraza son de uso común.

http://www.pazodacultura.org

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.02.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 08.07.2008 polo Concello de Pontevedra.