Pontevédrate...

O río Lérez foi un dos lugares predilectos de Frei Martín Sarmiento para o seu estudio científico da botánica e a lingua galegas

Paseo dos Gafos

Este parque é un paseo lineal ao longo da maior parte do treito urbano do Río dos Gafos, unha canle que procede de Vilaboa, atravesa Tomeza e a zona norte de Salcedo e penetra no centro urbano pola zona da Estación de Autobuses. No treito rural o río vai acompañado dunha agradábel senda en todo o seu percorrido. Na zona urbana, o espazo libre que deixou a intensa actividade edificatoria foi convertido nun parque lineal que parte da ponte da Avda. da Estación, atravesa baixo Ponte Boleira (Av. de Vigo) e vai dar ao parque de Campolongo. Todo ese percorrido é de feito unha frondosa senda que decorre a ámbolos lados do río, apoiado en pasarelas de madeira para facer posíbel o paso, e un alumeado moi apropiado para unha acolledora área natural imbricada no centro urbano coma esa.

A partir de aí, o Gafos decorre por baixo da urbanización de Campolongo, para volver renacer á altura da Avenida de Rosalía Castro, desde donde existe un último treito practicábel antes do seu fin, nas Corbaceiras. Neste último treito do percorrido, duas pontes e varios edificios tradicionais dannos unha idea de cómo era este río antano, cando constituía unha das máis famosas fotos da cidade, coas mulleres lavando nas súas augas cristalinas.

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.02.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 08.05.2009 polo Concello de Pontevedra.