Reformado no ano 2003 polo arquitecto César Portela tras máis de medio século de funcionamento, o mercado de abastos emprázase na marxe do río Lérez, nun espazo onde ten lugar unha importante concentración da actividade comercial.
Cando se levaron a cabo as obras de remodelación, descubriuse unha parte da muralla romana nas súas inmediacións.
O edificio destaca, ademais de polo seu singular valor histórico, pola súa oferta de produtos de alimentación de extraordinaria calidade. No andar baixo sitúanse os postos de pescado, de flores e de carne. Por outra parte, o primeiro andar acolle os postos de verduras, hortalizas e froitas, así como os de carnes e queixos.
Hoxe é 16.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 08.07.2008 polo Concello de Pontevedra.