Pontevédrate...

A igrexa de San Bartolomeu construeuse entre 1696 e 1714. É de estilo barroco, coas influenzas romanas da época

Igrexa de San Francisco

Construída case na súa totalidade no século XIV, esta igrexa conventual dos franciscanos é unha obra mestra da arte das ordes mendicantes que chegaron á cidade na época do seu primeiro esplendor. Foi declarada monumento histórico-artístico en 1896. No seu interior, hai que destacar, no cruceiro e á esquerda do altar maior, a sepultura de Paio Gómez Chariño, trobador e almirante do mar, así como a de dous matrimonios de familias nobres, que se cre son de finais do século XIII ou principios do século XIV. Tamén cómpre mencionar a imaxe do Nazareno (talla do século XIX) e as pinturas murais situadas na parte lateral esquerda pertencentes aos séculos XVI e XVIII.

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.06.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 08.05.2009 polo Concello de Pontevedra.