Pontevédrate...

Visita a exposición de Arqueoloxía galega do Museo, con importantes pezas da Idade do Bronce e orfebrería prehistórica

Basílica de Santa María a Maior

Este edificio é unha mostra do poder do Gremio de Mareantes, habitantes da Moureira, activo arrabalde mariñeiro que se estendía aos pés da basílica.

Declarada monumento histórico-artístico en 1931, Santa María conxuga á perfección o Gótico tardío co Renacemento. A este último estilo pertence a súa fachada principal (s. XVI), obra de Cornelis de Holanda e João Noble, considerada unha das obras cumio do estilo plateresco en Galiza e que alberga unha curiosa imaxe de San Xerome con anteollos.

No interior, pódese contemplar o Cristo do Desencravo (s. XVI), o Cristo dos Mariñeiros (s. XVIII) e as abraiantes bóvedas de crucería.
 

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 14.08.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 08.05.2009 polo Concello de Pontevedra.