Pontevédrate...

O río dos Gafos, antes de chegar á cidade, atravesa Vilaboa, Tomeza e a zona norte de Salcedo

Verducido (San Martiño)

Ocupa un terreo montañoso, accidentado polos outeiros das Pasadellas, das Pedreiras e do Campo de Bois e no que destaca o monte Acival, que supera os 600 metros de altitude. Conta con paisaxes naturais que nos levan á evasión como as que se poden contemplar nos arredores do encoro de Pontillón de Castro, reserva de auga da cidade de Pontevedra e refuxio de aves que conta na súa proximidade cunha gran zona de lecer.

No cumio dun monte próximo sitúase un fermoso miradoiro cunha admirábel escultura en pedra dedicada aos canteiros. Desde aquí, ademais dunha canteira de granito moi próxima, pódese divisar a beleza do contorno, da cidade de Pontevedra.

É preciso visitar a igrexa parroquial, totalmente reedificada durante o século XVIII e que inclúe no seu conxunto unha peza abovedada anterior que se cre podería ter sido unha antiga sancristía.

A festa patronal é o día 12 de novembro (san Martiño), pero tamén se celebran san Breixo, santa Bárbara e o Corpus Christi.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 22.10.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 31.01.2008 polo Concello de Pontevedra.