Pontevédrate...

A Delegación de Facenda ocupa un edificio do 1800 anexo á igrexa de San Francisco

Santa María de Xeve

A parroquia limita con Santo André de Xeve, Verducido, Mourente e Lérez, e polo seu territorio pasa o río Lérez. Coa súa veciña Santo André de Xeve estivo unida nun mesmo concello agora inexistente, pero queda como testemuña disto o edificio que daquela acollía as dependencias administrativas.

En Santa María de Xeve destaca a chamada "Casa Gondar", unha construción do século XVIII que aínda conserva unha dependencia anexa outrora empregada como cárcere, e tamén a igrexa parroquial cun campanario de estilo barroco e de frontal neoclásico.

Celébranse o Corpus Christi e santo Antón de Padua (o domingo seguinte ao 13 de xuño), a Nosa Señora do Carme (o domingo seguinte ao 16 de xuño) e a Inmaculada Concepción o día 8 de decembro.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 22.10.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 31.01.2008 polo Concello de Pontevedra.