Pontevédrate...

O Pazo de Mugartegui é unha propiedade do Concello de Pontevedra cedido como sede da Denominación de Orixe Rías Baixas

Salcedo (san Martiño)

Situada no sur do concello de Pontevedra, esta parroquia limita con Lourizán, Tomeza e co concello de Vilaboa.

Nesta parroquia atópase o pazo de Gandarón, que abeira a Misión Biolóxica de Galicia, unha entidade que centra as súas investigacións na mellora xenética dos cultivos de zonas húmidas. Espallados pola súa xeografía, tamén atopamos o Pazo de García Flórez e de Miradores, así como a Casa dos Granxa e a casa reitoral.

Así mesmo, son merecentes de visitar a igrexa parroquial e a capela de san Breixo. A orixe desta última non está ben definida, aínda que é o gótico o estilo que predomina na parte máis antiga. O resto é do século XVIII.

A festa patronal celébrase o día 11 de novembro (san Martiño). Celébranse tamén san Breixo, o día 3 de febreiro, e santa Rita, o día 22 de maio.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 18.06.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 31.01.2008 polo Concello de Pontevedra.