Pontevédrate...

Paio Gómez Chariño, trobador e almirante do mar, ten a súa sepultura na Igrexa de San Francisco

Ponte Sampaio (Santa María)

Este lugar con importantes connotacións históricas estrema coa parroquia da Canicouva.

O Camiño Portugués atravesa o seu territorio por unha ponte de dez arcos semicirculares construída sobre o río Verdugo que une esta parroquia co lugar de Arcade no veciño concello de Soutomaior. Aínda que a orixe da ponte é romana o que se conserva dela na actualidade é medieval. Nas súas inmediacións atopamos unha espléndida praia fluvial, así como diversos miradoiros con magníficas vistas á ría de Vigo.

Do mesmo xeito podemos visitar a igrexa románica de santa María de Sampaio, do século XIII, e tamén o lugar de Canos da Laxe coa súa ponte medieval sobre o río Ulló e máis dunha ducia de muíños típicos.

Ponte Sampaio é famosa pola vitoria obtida polos veciños na Guerra da Independencia sobre as tropas de Napoleón. A contenda, coñecida como Batalla de Ponte Sampaio, tivo lugar os días 7 e 8 de xuño de 1809 e puxo fin a cinco meses de ocupación francesa.

A parroquia tamén conserva importantes pegadas arqueolóxicas, así temos unha machada que corresponde á Idade de Bronce, inscricións rupestres no monte do Chan da Cruz, un castro prerromano e un treito da calzada romana.

Hónrase á Virxe do Carme o día 16 de xullo e celébrase a Festa da Anguía, o primeiro domingo de xullo.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 22.10.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 31.01.2008 polo Concello de Pontevedra.