Pontevédrate...

As ábsidas góticas son o único vestixio do antigo Convento de San Domingos, hoxe parte do Museo de Pontevedra

Marcón (San Miguel)

Ao pé do monte da Fracha sitúase a parroquia de Marcón, que na súa época pertenceu ao entón concello de Mourente. Limita coa Canicouva, Tomeza, Bora e Mourente.

A súa igrexa parroquial (que mestura maxistralmente estilos románico e gótico), a casa reitoral e a ponte do Couto son as mostras máis destacadas do seu patrimonio monumental.

Nesta parroquia está situado o polígono industrial do Campiño, lindando co veciño concello de Ponte Caldelas.

A parroquia celebra as festas de san Miguel os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 20.08.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 31.01.2008 polo Concello de Pontevedra.