Pontevédrate...

No último cuarto do XIX mellóranse as comunicacións, e o aspecto medieval da cidade vai mudando ante anecesidade de contar con espazos para a edificación ou de uso público

Lourizán (Santo André)

A escasos quilómetros do centro de Pontevedra, Lourizán linda co veciño concello de Marín.

O lugar de maior interese para quen visita a parroquia é, sen lugar a dúbida, a herdade da familia Montero Ríos, máis coñecida como o "Pazo de Lourizán". Hoxe, o edificio da facenda abeira un centro de investigacións forestais rodeado por uns vizosos xardíns, onde medran especies forestais exóticas coma fentos arbóreos, cipreses, cedros, magnolios, camelias, bananeiros, eucaliptos... Do antigo edificio, consérvase o pombal do século XV que asemella unha gran coroa que emerxe do chan. O regato dos Trois atravesa parte da herdade.

Tamén destacan na parroquia a igrexa da Nosa Señora dos Praceres e a capela de santo André.

A festa patronal celébrase o día 30 de novembro (santo André), pero tamén se celebra a festa da Nosa Señora dos Praceres o último domingo de maio.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 15.08.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 31.01.2008 polo Concello de Pontevedra.