Pontevédrate...

A Av. de Montero Ríos e a Alameda ocupan o espazo que antes pertencía ás hortas do convento de San Domingos, do que só quedan as ruinas oxivais

Campaño (San pedro)

Integrada noutro tempo no desaparecido concello de Alba, Campañó sitúase entre Alba e o concello de Poio, na vertente oriental do monte Castrove.

Trátase dunha parroquia rica en pegadas arqueolóxicas das que son un bo exemplo as seis mámoas e os petroglifos localizados nos castros de Fiestoso e do Outeiro. Xunto ao castro de Sineiro tamén se atoparon diversos obxectos e restos de cerámica.

O orixinario templo parroquial era de liñas románicas, pero debido ao seu estado ruinoso, iniciouse a construción da actual capela maior a comezos do século XVIII. No seu interior, destaca unha imaxe gótica da Virxe do O, do século XIV.

Numerosos cruceiros espállanse por toda a súa superficie, sendo o máis antigo o situado no lugar da Balseira, do século XVI.

A festa patronal é san Pedro (o 29 de xuño), aínda que tamén se celebra san Paio o día 30 de xuño e a Virxe das Dores os días 17 e 18 de setembro.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 15.08.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 31.01.2008 polo Concello de Pontevedra.