Bora

A parroquia de Bora formou parte do antigo concello de Mourente e limita coas parroquias de Santo André de Xeve, Marcón e Mourente. Presenta un terreo bastante accidentado bañado polas augas dos ríos Lérez e Almofrei.

Merecentes de visitar son as dúas pontes antigas. Unha destas pontes ten grande importancia histórica por librarse nela en 1809 unha decisiva batalla contra os invasores franceses.

A igrexa parroquial conserva dúas imaxes do século XVI de San Pedro e Santiago esculpidas en pedra.

A festa patronal, santa Mariña, celébrase os días 22 e 23 de xullo.

O Consello parroquial de Bora

  • 2 representantes da Comunidade de montes Portela Veleitar
  • Monte Valo-Couto
  • 4 representantes da Comparsa Amoriños de Bora
  • 2 representantes do Bora C.F.
  • Asociación de veciños de Bora
  • ANPA de Bora
  • Xunta de Montes
  • AA.VV Coordinadora de Bora
  • Comunidade de Montes Pío-Lameliña

O Plan de parroquia

O plan de parroquia foi elaborado durante varios meses dos que se obtieron os seguintes documentos: