Pontevédrate...

O río dos Gafos cruza baixo a Av. de Vigo pola Ponte Boleira, chega a Campolongo, circula por debaixo do parque e renace perto da rúa Rosalía Castro, desde a que chega ás Corbaceiras para desembocar

Alba (Santa María)

Situada ao norte da cidade, a parroquia de Alba linda coas parroquias de Campañó, Cerponzóns e Lérez coas que constituíu concello ata o ano 1868.

Nesta parroquia destaca pola súa importancia ecolóxica e paisaxística a Xunqueira de Alba, unha das poucas zonas húmidas naturais da ría de Pontevedra. Desde aquí pódese realizar unha pequena rota de sendeirismo xa que se recuperou como lugar de paseo. Trátase dun medio cunha gran diversidade vexetal e actualmente encóntrase en réxime de protección. Ao mesmo tempo é un refuxio de aves acuáticas, anfibios e pequenos mamíferos, incluíndo algunha lontra. Na zona norte aprécianse bosques de ribeira e prados, sobre todo na desembocadura do regato Rons.

En Alba atopouse un miliario dedicado ao emperador Caracalla, mostra do evidente paso da vía romana número XIX por esta parroquia. Como zona pola que pasa o Camiño Portugués, o lugar coñecido co nome de Guxilde albergou gran cantidade de peregrinos. E excepcional camiñante foi a raíña de Portugal, dona Isabel, quen no ano 1325 peregrinaba a Santiago para pregar polo seu defunto marido.

Alba acolle numerosos cruceiros, e mesmo un deles foi fonte de inspiración para o ilustre Castelao na realización da súa senlleira obra As cruces de pedra na Galiza e na Bretaña

Cómpre visitar a igrexa parroquial de Santa María, de estilo neoclásico-barroco e consagrada por don Diego Xelmírez, que a primeiros do século XII adquira a propiedade do templo, reconstruíndoo e converténdoo en diocese.

Outras construcións relixiosas que podemos admirar son a capela de san Caetano, do século XVIII, e a capela da Devesa do século XIX.

A festa patronal celébrase o día 15 de agosto (santa María) e tamén é festa do Santísimo o segundo domingo despois do Corpus Christi.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 15.08.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 31.01.2008 polo Concello de Pontevedra.