Pontevédrate...

O Museo de Pontevedra foi fundado a finais do SXIX por varios intelectuais a finais do SXIX, entre eles Castelao. O padroado nace en 1927 da colaboración entre a Deputación e a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra

A Canicouva (Santo Estevo)

A parroquia da Canicouva emprázase no sudoeste do municipio e linda con Tomeza e Ponte Sampaio.

Cómpre visitar o lugar do Rañadoiro e o seu muro-acueduto coñecido co nome de Pardón; ademais do Outeiro das Forcadas, onde existe un magnífico miradoiro natural desde o que se poden albiscar admirábeis vistas da ría de Vigo e o val de Soutomaior.

De grande tradición lendaria, conta co lugar do Coto das Saleiras, onde descansa a "Rocha dos Franceses" e baixo a que, segundo a testemuña popular, xacen os soldados mortos na Batalla de Ponte Sampaio, que vagarán eternamente polos arredores.

O Camiño Portugués a Santiago de Compostela transcorre nesta parroquia por unha estrada romana que parte de Arcade e chega ata Bértola (nos veciños concellos de Soutomaior e Vilaboa respectivamente). Igualmente, pode ser interesante unha visita á igrexa parroquial de santo Estevo (do século XII) cun sepulcro castrexo escavado en pedra e situado a escasos cen metros do templo. Conta a tradición que este santo, venerado por ser protector contra a rabia, fuxiu da antiga igrexa derrubada; e apareceu despois neste sepulcro antropomorfo, máis coñecido como “A Cama do santo Estevo”, onde a xente se deita para curar a dor de ventre.

A festa patronal celébrase o día 26 de decembro (santo Estevo).

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 15.12.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 31.01.2008 polo Concello de Pontevedra.