Qué son?
Ante a demanda expresada por unha parte da cidadanía, o Concello decidiu celebrar este tipo de eventos, como actos públicos de recoñecemento a novos cidadáns e cidadás.
Por qué se realizan?
Pontevedra, considerada Cidade Amiga da Infancia, aposta por convertirse nunha cidade na que as nenas e os nenos poidan medrar en espazos sans, integradores e amábeis, na que servizos básicos como a educación, a sanidade e a cultura se presten con garantías públicas e na que as políticas de apoio á infancia estean presentes en todos os ámbitos da xestión pública, desde a accesibilidade á mobilidade infantil, pasando pola educación viaria, as programacións cultural, festiva e deportiva, as políticas de benestar e o apoio á educación, entre outros.
Moitas persoas desexan celebrar un acto de testemuña pública do nacemento dun novo membro das súas familias, a través dunha cerimonia de benchegada á cidadanía, polo que se planificaron todos os detalles para acometer este tipo de eventos coa dignidade e a formalidade necesarias para que resulten un acontecemento memorábel.
Como son estas cerimonias?
As cerimonias serán colectivas, mensuais, programadas e organizadas segundo un protocolo elaborado expresamente con esta finalidade.
Podese elexir o mes da celebración chamando o teléfono 80 43 03 ou ben acudindo ao gabinete de Alcadía do concello en horario laboral durante a semana.
Terán lugar no Pazo de Mugartegui un día sábado pola mañá, se ben estes aspectos son flexibles e irán regulándose a medida que se vaian celebrando eventos e que se poidan axustar todos os extremos para perfeccionalos, adaptalos no posíbel á demanda dos interesados e lograr a máxima dignidade e comodidade dos participantes.
Qué documentos hai que achegar?
Tan só unha solicitude de celebración, que podes baixar aquí mesmo, e unha fotocopia do Libro de Familia
Organización
Para participar máis doadamente na cerimonia, pode chamar ao teléfono 986 804 303 para coñecer todo o que necesite saber sobre a mesma, e sobre todo,
— Indicar o número aproximado de asistentes
Fotografías do Pazo de Mugartegui
Para máis información
Servizo de Protocolo
Rúa Michelena, 30, 3º
Tlf 986 804 303