Antón Louro Goyanes naceu en Carnota e reside no barrio de Campolongo, en Pontevedra, dende hai máis de 30 anos. Casado e cunha filla.
Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago. Diplomado en Comunidades Europeas pola Escola Diplomática de Madrid. Diplomado en Xestión Empresarial e experto en Dirección e Xestión de Programas Culturais.
Na súa traxectoria política, Louro foi Subdirector xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Presidente do Ateneo de Pontevedra, Concelleiro do Concello de Pontevedra e Deputado, durante a V e VI lexislatura, no Parlamento Galego.
Deputado nacional nas VIII e IX lexislatura. Foi de Voceiro da Comisión de Cultura do Congreso, e ata ser nomeado como Delegado do Goberno en Galicia, era deputado no Congreso e presidía a Comisión de Fomento da Cámara Baixa.
En canto ás súas responsabilidades políticas dentro da organización socialista, Antón Louro foi Secretario de Organización do PSdG-PSOE e na actualidade é membro do Comité Federal do PSOE e Presidente da Agrupación Socialista de Pontevedra.
Hoxe é 21.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 27.06.2011 polo Concello de Pontevedra.