ÁREA DE URBANISMO. Antón Louro Goyanes, que comprende do seguinte ámbito funcional:
-
Planeamento urbanístico de desenvolvemento.
-
Xestión urbanística.
-
Licenzas urbanísticas, de obras e actividades.
-
Proxectos de urbanización e reurbanización, agás os promovidos polo Concello no Centro Histórico e nos elementos catalogados.
-
Vivenda.
-
Disciplina medio ambiental, infraccións urbanísticas e reposición da legalidade urbanística.
-
Ordes de execución, declaracións de estado de ruína.
-
Dirección e coordinación por infraccións ás normas urbanísticas, medio ambientais, de seguridade cidadá, ordenanzas, bandos e similares que son competencia de Alcaldía.
-
Xestión de estacionamentos en réxime de concesión.
-
Imposición de sancións por infracción ás normas urbanísticas, medio ambientais, de seguridade cidadá, ordenanzas, bandos e similares que son competencia da Alcaldía.
ÁREA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, que comprende o seguinte ámbito funcional:
-
Ordenación do territorio.
-
Infraestruturas.
-
Xestión no novo PXOM.
ÁREA DE CULTURA E DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL. María dos Anxos Riveiro Portela, que comprende o seguinte ámbito funcional:
-
Promoción e xestión da cultura.
-
Vicepresidencia do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións.
-
Fomento do consumo saudable.
-
Dinamización sociocultural.
-
Zonas verdes, parques e praias.
-
Servizos territorializados no Burgo, Centro Histórico e Moureira, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de deportes, educación e urbanismo. Deberá coordinarse coa concellería competente na materia.
ÁREA DE FACENDA E MEDIO AMBIENTE: Don Raimundo González Carballo, que comprende o seguinte ámbito funcional:
-
Orzamentos e gasto público.
-
Ingresos de dereito privado e de dereito público, tributarios e non tributarios en todo o que non sexa competencia do Órgano de Tesourería e Xestión Tributaria.
-
Autorización e disposición de gastos, non atribuídos a outro órgano de goberno por disposición legal.
-
Ordenación de pagos.
-
Sostemento dos espazos públicos.
-
Servizos municipais urbanos, incluíndo, a mellora e mantemento do alumeado público municipal, vías públicas municipais e demais bens municipais, excepto os que se atribúen a outro órgano con competencia funcional na materia.
-
Montes e parques forestais.
-
As atribucións de expropiación e adquisición de inmobles que competen á Alcaldía nos procedementos de levantamento de actas de pagamento e de ocupación dos bens e dereitos afectados polos expedientes de expropiación forzosa.
-
A coordinación dos servizos territorializados no medio rural, debendo homoxeneizar os criterios de actuación dos concelleiros que teñan asignados os distintos ámbitos territoriais.
-
Servizos territorializados en Canicouva, Ponte Sampaio e Tomeza, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de deportes, educación e urbanismo. Deberá coordinarse coa concellería competente na materia.
ÁREA EDUCACIÓN E DEPORTES: Don Agustín Fernández González, que comprende o seguinte ámbito funcional:
-
Fomento, promoción, xestión e desenvolvemento da actividade física, práctica deportiva e instalacións deportivas.
-
A presidencia do organismo autónomo do Instituto Municipal Deportes.
-
Educación.
-
Universidade.
ÁREA DE RÉXIME INTERIOR E PERSOAL: Don Vicente García Legísima, que comprende o seguinte ámbito funcional:
-
Réxime interior.
-
Organización funcional da administración municipal.
-
Negociación de acordos e convenios colectivos, reguladores das condicións de traballo e melloras sociais.
-
Seguimento e control do cumprimento dos dereitos e deberes do persoal ó servizo do concello.
-
Decisións, propostas e trámites en materia de persoal que sexan competencia da Alcaldía.
-
Patrimonio municipal.
-
Responsabilidade patrimonial e reclamación de danos ao patrimonio municipal.
-
Xestión do Padrón municipal de habitantes.
-
A inscrición e modificación no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.
ÁREA DE PROTECCIÓN CIDADÁ, SERVIZOS E FESTAS: Dona María Carme da Silva Méndez, que comprende o seguinte ámbito funcional:
-
Coordinación e dirección directa da policía local.
-
Coordinación e supervisión do servizo municipal de extinción de incendios.
-
Coordinación e supervisión do servizo de protección civil.
-
Coordinación do plan de emerxencia municipal.
-
Ocupación de vías públicas (como pasaxes permanentes, veladores, casetas, etc.).
-
Dirección e coordinación en materia de tráfico, previa tramitación do procedemento regulamentario.
-
Xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria.
-
Xestión e supervisión do ciclo da auga.
-
Iniciativa, programación e xestión de actividades lúdicas e festas.
-
Fomento e coordinación de actividades lúdicas promovidas por outras administracións ou entidades.
-
A imposición de sancións en materia de tráfico, previa tramitación do procedemento regulamentario.
AREA DE MOBILIDADE E PATRIMONIO HISTÓRICO: Don Xosé Luís Bará Torres, que comprende o seguinte ámbito funcional:
-
Mobilidade, que inclúe os transportes públicos e auto-taxis.
-
Accesibilidade.
-
Obras e actuacións no Centro Histórico e nos elementos catalogados.
-
Patrimonio cultural etnográfico.
-
A coordinación dos servizos territorializados no medio urbano, debendo homoxeneizar os criterios de actuación dos concelleiros que teñan asignados os distintos ámbitos territoriais.
-
Servizos territorializados en Mourente e en todo o medio urbano que non fora asignado a outro concelleiro/a, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de deportes, educación e urbanismo. Deberá coordinarse coa concellería competente na materia.
SERVIZO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, EMPREGO E TURISMO. Carlota del Carmen Román García, baixo a coordinación do concelleiro responsable da Área de Urbanismo, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:
-
Actividades de promoción económica de todos os sectores produtivos.
-
Políticas de emprego.
-
Promoción e fomento do turismo.
-
Fomento e xestión de actividades feirais e congresuais.
-
Xestión de congresos e feiras no recinto do Pazo en coordinación co organismo autónomo.
-
Mellora, mantemento e conservación dos mercados municipais e funcionamento dos mercadillos de venda ambulante.
-
Xestión do matadoiro municipal.
-
Incentivación das actividades empresariais.
-
Comercio.
-
Industria.
SERVIZO DE SERVIZOS SOCIAIS E CEMITERIOS. María Carme Fouces Díaz, baixo a coordinación da concelleira responsable da Área de Cultura e Dinamización Sociocultural, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:
-
Servizos Sociais.
-
Servizo de drogodependencias, Unidade de Día, prevención e inserción.
-
Cemiterios
-
Escolas Infantís.
-
Servizos territorializados en San Xosé, Campolongo e Mollavao, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de deportes, educación e urbanismo. Deberá coordinarse coa concellería competente na materia.
SERVIZO DE IGUALDADE E SOCIEDADE DO COÑECEMENTO. María Dolores Dopico Aneiros, baixo a coordinación da concelleira responsable da Área de Cultura e Dinamización Sociocultural, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:
-
Promoción da igualdade.
-
Sociedade do coñecemento.
-
Novas tecnoloxías.
-
Muller
SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E XUVENTUDE. Don Demetrio Gómez Xunqueira, baixo a coordinación da concelleira responsable da Área de Cultura e Dinamización Sociocultural, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:
-
Normalización lingüística e cultural.
-
Xuventude.
-
Servizos territorializados en Marcón, Verducido, Salcedo, Lourizán, Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Bora, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de deportes, educación e urbanismo. Deberá coordinarse coa concellería competente na materia.
SERVIZO DE SANIDADE. María do Pilar Comesaña Hermida, baixo a coordinación do concelleiro responsable da Área de Facenda e Medio Ambiente, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:
-
Sanidade animal
-
Canceira e animais abandonados.
-
Servizos territorializados en Lérez, Alba, Cerponzóns e Campañó, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de deportes, educación e urbanismo. Deberá coordinarse coa concellería competente na materia.