Só darche a benchegada a este espazo virtual da cidade de Pontevedra no que agardo que atopes con facilidade o que busques. Esforzámonos para iso, pero agradecemos tamén calquera suxestión que axude a melloralo.
Agardo que esta ferramenta satisfaga a demanda informativa e de participación na xestión da cidade como ente activo, dinámico e en continuo afán de mellora.
Se vives en Pontevedra, recibe a aperta sincera e xenerosa de sempre. Axúdanos a mellorar a cidade e difunde, tanto pola rede como por todos os medios que podas, o carácter da nosa boa vila, o noso espírito amigábel e as constantes aspiracións de mellora relativas á capital, ao noso país e tamén ao resto do mundo.
Se non, gústanos recibirte de xeito virtual, pero aínda máis nos gustaría verte paseando polas nosas rúas e prazas, que tamén son túas. Gozando da brisa da primavera ou das prácidas mañás do outono soleado nunha das prazas de pedra que te agardan animadas. Anímate e ven, verás como te sorprendes.
Boa viaxe.
Miguel Anxo Fernández Lores
Hoxe é 21.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.05.2008 polo Concello de Pontevedra.